Laboratorio NUMAX

Facemos parte da cooperativa Numax e, ademais de coordinar e elaborar a súa identidade corporativa, desenvolvemos proxectos externos de deseño, comunicación e produción e posprodución de vídeo.

Poñendo atención ao detalle en cada fase, procuramos que o resultado dos nosos traballos sexa funcional e diferente a un tempo.

O Laboratorio traballa a comunicación visual de xeito global, dende a produción gráfica ata a contorna dixital, incluíndo deseño e desenvolvemento web.

Desde un enfoque integral, creamos contidos e deseñamos e xestionamos plans de comunicación, ofrecendo estratexias comunicativas concretas adaptadas ás necesidades da clientela.

A área de vídeo está fortemente vinculada ao cinema e abrangue desde a edición de longametraxes até a corrección de cor e o masterizado final das copias de exhibición. Así mesmo, realiza de maneira integral todo tipo de pezas audiovisuais e ofrece apoio técnico a numerosos festivais do sector.

Se queres que che axudemos coa túa idea contacta con nós e farémosche unha proposta a medida, integrando todos os servizos que precises para un resultado óptimo.

Somos

  • Pablo Cayuela (edición/posprodución de vídeo)
  • Olalla Cociña (comunicación)
  • Antonio Doñate (deseño gráfico)
  • Marcos Flórez (edición de vídeo)
  • X. Carlos Hidalgo (deseño gráfico/web)
  • Adrián Pardellas (desenvolvemento web)

Traballamos con

  • (S8) Mostra de Cinema Periférico
  • Auditorio de Galicia
  • CA2M Centro de Arte 2 de Mayo
  • Centro Galego de Artes da Imaxe CGAI
  • CGAC Centro de Arte Contemporánea de Galicia
  • Cidadanía
  • Comunidad de Madrid
  • Concello da Coruña
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Concello de Vigo
  • Consello da Cultura Galega
  • Edicións Xerais de Galicia
  • Festival Internacional de San Sebastián
  • Festival Novos Cinemas de Pontevedra
  • Festival Sinsal
  • Filmika Galaika
  • Fundación Praza Pública
  • Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia
  • Grupo de Estudos Audiovisuais USC
  • GALP. Grupos de Acción Local Pesqueira
    da Xunta de Galicia
  • Instituto de Estudos Ulloáns
  • MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo
  • Miramemira
  • Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
  • Revista Luzes
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo
  • Zeitun Films