Facemos parte da cooperativa Numax e, ademais de coordinar e elaborar a súa identidade corporativa, desenvolvemos proxectos externos de deseño, comunicación e produción e posprodución de vídeo.
Poñendo atención ao detalle en cada fase, procuramos que o resultado dos nosos traballos sexa funcional e diferente a un tempo.
O Laboratorio traballa a comunicación visual de xeito global, dende a produción gráfica ata a contorna dixital, incluíndo deseño e desenvolvemento web.
A área de vídeo está fortemente vinculada ao cinema e abrangue desde a edición de longametraxes até a corrección de cor e o masterizado final das copias de exhibición. Así mesmo, realiza de maneira integral todo tipo de pezas audiovisuais e ofrece apoio técnico a numerosos festivais do sector.
Se queres que che axudemos coa túa idea contacta con nós e farémosche unha proposta a medida, integrando todos os servizos que precises para un resultado óptimo.
Somos Axente Dixitalizador do Kit Dixital, o programa de axudas impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital e financiado pola Unión Europea (fondos Next Generation EU) que ten como finalidade facilitar a dixitalización de pymes e autónomos. Consulta máis información sobre ńos como Axente Dixitalizador.
Somos
- Pablo Cayuela (edición/posprodución de vídeo)
- Olalla Cociña (comunicación)
- Antonio Doñate (deseño gráfico)
- Marcos Flórez (edición de vídeo)
- X. Carlos Hidalgo (deseño gráfico/web)
- Adrián Pardellas (desenvolvemento web)
Traballamos con
- (S8) Mostra de Cinema Periférico
- Auditorio de Galicia
- CA2M Centro de Arte 2 de Mayo
- Centro Galego de Artes da Imaxe CGAI
- CGAC Centro de Arte Contemporánea de Galicia
- Cidadanía
- Comunidad de Madrid
- Concello da Coruña
- Concello de Santiago de Compostela
- Concello de Vigo
- Consello da Cultura Galega
- Edicións Xerais de Galicia
- Festival Internacional de San Sebastián
- Festival Novos Cinemas de Pontevedra
- Festival Sinsal
- Filmika Galaika
- Fundación Praza Pública
- Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia
- Grupo de Estudos Audiovisuais USC
- GALP. Grupos de Acción Local Pesqueira
da Xunta de Galicia - Instituto de Estudos Ulloáns
- MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo
- Miramemira
- Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
- Revista Luzes
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de Vigo
- Zeitun Films
Somos da DAG